domingo, 4 de novembro de 2018

COMEZAMOS A CONTAR!

Tiñamos moitas ganas de gozar dos contacontos, así que fomos moi contentos a escoitar o conto que a profe Tami nos contou o pasado xoves. Cando chegamos, sorprendeunos moito a escuridade que había na aula e toda a montaxe que fixera, pero pronto descubrimos o motivo!
Imagen relacionadaA profe Tami contou Corre, corre, cabaciña, de Eva Mejuto (OQO), cun teatriño de sombras fermoso, e ela fíxoo xenial!!
MOITAS GRAZAS, TAMI!
 E ti...anímaste?

Ningún comentario:

Publicar un comentario