mércores, 3 de outubro de 2018

CONTA ATRÁS!

Xa non queda nada para a gran inauguración da biblioteca! Hoxe recibimos unha carta de Librincios que contiña unha pequena peza, pero...de onde?
Descubrirémolo o venres!
Unha das cartas de Librincios que chegaron ás aulas

Mentres tanto, comezan a chegar as primeiras novidades deste curso. Agardamos que sexan do voso interese!

Recanto de novidades da biblio na entrada do centro

Falta tamén moi pouquiño para que as Mochilas Viaxeiras comecen a visitar os fogares das nenas e nenos. Coma sempre, hai títulos para todas as idades e para compartir momentos en familia. Nesta ocasión o título do Libro Viaxeiro é: O meu anaco do mundo. Que vos suxire? :)
 
Contido da mochila viaxeira de 5 anos
 
Vémonos o venres!


Ningún comentario:

Publicar un comentario