mércores, 13 de xuño de 2018

CLAUSURA DUN CURSO HISTÓRICO NA BIBLIOTECA

Hoxe acudimos á Biblioteca para pechala... Ata o curso que ven, non vos asustedes!
Tocou facer balance e recoñecer a labor que fan os nosos Axudantes de biblioteca e o esforzo de moitos usuarios pola súa participación nas actividades e polo uso dos recursos que ofrece.




Para comezar a clausura, un diploma e un forte aplauso por parte de todos para agradecer aos alumnos voluntarios a súa colaboración coa Biblioteca. Gracias de novo!


Foron eles, os Axudantes, os encargados de facer entrega dos premios do concurso Atopa a resposta!. Todos aqueles que superaron un mínimo de 4 retos dos propostos durante os recreos, recibiron un pequeno agrasallo polo seu logro! Agardamos que o vindeiro curso sexan moitos máis. Noraboa!


Para rematar, a nosa coordinadora entregou o premio ás máis lectoras deste curso. Menudo nivel ao que chegaron! Noraboa a todas! Sobre todo, por elixir a lectura para o tempo de lecer.



Así, logo de agradecer a todos os asistentes a súa presenza, pois eles fan posible esta Biblioteca, demos por pechado o curso, do que nos despediremos definitivamente o mércores 20 dando por última vez Un paseo pola Historia.

1 comentario:

  1. Parabéns a todos os gañadores e gañadoras dalgún fantástico premio por participar nalgunha actividade que tivera que ver con esta maravillosa biblioteca.
    Moitos parabéns, Xiana 5º E.P

    ResponderEliminar