Hoxe deu comezo ao VI Ciclo de Contacontos da nosa biblioteca. Que ganas tiñamos!
Os primeiros cursos convidados a escoitar un conto foron 4º, 5º e 6º, pois na avaliación de final de curso os maiores observaron que case todas as propostas eran para os máis pequenos.

Este marabilloso album ilustrado resume dun xeito sinxelo a historia da humanidade cíclicamente, guerra tras guerra.
Seis homes, seis soldados, seis exércitos, seis campesinos... e unha historia de que se repite unha e outra vez ao longo dos séculos.
Aquí vos deixamos algunhas fotos desta sesión de contacontos. Aplausos para os actores!
Ningún comentario:
Publicar un comentario