mércores, 14 de xuño de 2017

CLAUSURA DA BIBLIOTECA

Xa se achegan as vacacións e Librincios e todos nós imos pouquiño a pouco pechando o curso.

Hoxe tocou clausurar a biblioteca, así que a partir de agora xa non haberá empréstitos e toca devolver todos os libros...

Para poñer o broche final a un curso cheo de emocións e lecturas, quixemos, en primeiro lugar, agradecer aos axudantes de biblioteca de 5º e 6º a súa colaboración durante o curso en varias das actividades e tarefas. Eles fixeron os empréstitos e devolucións de fondos no meiga durante os recreos, colocaron os libros e películas no seu lugar, renovaron  os fondos de infantil, promocionaron libros...

Aquí están todos eles, co diploma de agradecemento. Sodes marabillosos, gracias!



Logo do gran aplauso que recibiron de parte de todos os seus compañeiros, pasamos á entrega de premios aos máis lectores de cada curso de Educación Primaria (de fondos da biblioteca, claro está!).

Curiosamente todo foron nenas! Levaron unha lectura para o verán, unha libretiña para usar de diario, uns marapáxinas, unha chapa e un imán de Librincios.

De esquerda a dereita: Eva Salgueiro (6º), Alba Rodríguez (5º), Iria Pereira (4º), Lucía Martínez (3º), Leire de Miranda (2º) e Atenea Troncoso (1º).

Para rematar, entregamos o premio do concurso de fotografía, o último deste curso. Houbo fotos para todos os gustos e foi difícil a elección. Valorádeo vós mesmos!



A gañadora foi Xiana Vilarino, de 4º curso, que recibiu un portafotos para enmarcar a súa instantánea, unha libretiña para escribir e uns marcapáxinas para non perder o fío da súa lectura.


Moitas gracias a todos polo esforzo deste curso, que foi moi intenso e emocionante. 

Xa só nos quedan por ver as exposicións de 4º e 5º sobre o tema anual (que serán a próxima semana) e deixalo todo listo para que veñades buscar os vosos empréstitos de verán.

SEGUIDE LENDO!

Ningún comentario:

Publicar un comentario