venres, 19 de maio de 2017

CONTOS COLGANTES POLO DÍA DO LIBRO

Como xa ben sabedes o pasado 23 de abril celebrouse o Día Internacional do Libro
Este curso quixemos conmemorar este día dun xeito moi especial que intentamos fora acollido con sorpresa e interés polos nosos alumnos. 


Colgamos ao longo dos distintos corredores do cole diversos contos e libros para todas as idades, e de diversas temáticas, de xeito que os nenos, os mestres e as familias puideran disfrutar dun momento de lectura cando máis lles apetecera


Os libros foron deixados ao longo de dúas semanas polo que todos tivemos tempo de sobra para saborear as lecturas que máis chamaran a nosa atención. 


Velaquí un pequeno vídeo para que poidades ver o resultado da actividade.



Ningún comentario:

Publicar un comentario