venres, 21 de abril de 2017

MÁIS ACTIVIDADES POLO DÍA DO LIBRO

Estamos a tope coa celebración do Día Internacional do libro! Outra das actividades para conmemorar esta data tan especial foi o contacontos ao que asistimos todos este venres.

Bolboreta e Voltereta facendo a intro do conto

Ao longo do curso, varios alumnos dos distintos cursos participaron nunha actividade extraescolar de Contacontos e quixeron agasallarnos cunha magnífica actuación en directo.

Nena e nai discutindo pola sopa...

Con axuda das súas profes, Bolboreta e Voltereta, puxeron en escena A sopa queima, de Pablo Albo y André Letria. Canta gracia sobre o escenario. Fixéronno xenial!

A nena non podía comer a sopa que lle servira a súa nai porque queimaba. Precisou a axuda dos ratiños, dos gatiños, do can, do boi e da veciña para poder arrefriala e comela. Pero logo todos querían sopa e houbo que traer a pota!

Un dos momentos máis divertidos do conto

Saludando ao público ao final da actuación! BRAVO!

Moitas gracias a todos por compartir con nós o voso traballo!
Encantounos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario