venres, 7 de abril de 2017

EXPOSICIONES EMOCIONANTES

Hoxe reunímonos todos na biblioteca do cole para ver o que tiñan preparado para nós as aulas de 1º e de Infantil sobre o tema deste curso: Emociónate!
E vaia se nos emocionamos... houbo algún que xa tiña as bágoas nos ollos só coa presentación! 

Os pequenos dos maiores, os de 1º, prepararon un conto titulado ¿Y ahora qué va a pasar? co que nos ensinaron a importancia dos amigos, eses que están sempre aí e nos axudan nos malos momentos (e se rin con nós nos bos).

Coa axuda duns títeres e dunha posta en escena moi traballada, deixáronnos cun doce sabor de boca antes destas vacacións. Botádelle un vistazo ao vídeo se queredes, tamñen vós, emocionaros.


Tras eles, as tres aulas de infantil axudaron a Robotín a comprender mellor que significa ter amigos e coidalos, pois el non sabe de emocións.
Gustounos tanto o vídeo que doíanos as mans de aplaudir ao final!

Ningún comentario:

Publicar un comentario