
Este libro conta a historia dunha familia rota que se ve obrigada a abandoar o seu país en guerra e emprender unha longa viaxe en busca da liberdade. É un álbum ilustrado que nos fai reflexionar sobre a situación de moitos refuxiados na actualidade a través do texto e, sobre todo, das ilustracións.
Alumnos disfrutando das marabillosas ilustracións desta autora |
Unha vez rematado o relato, vimos un vídeo de fotos reais sobre o tema (sacadas de Webs de distintas ONG que traballan para mellorar a situación de vida dos refuxiados). Quedamos sen palabras e ata sen aplausos...
A guerra, a viaxe, o campamento de refuxiados, a espera e o sufrimento da xente son realidades que debemos mirar de fronte se queremos que as cousas cambien.
Aquí volo deixamos para que tamén vós adiquedes un momento a pensar sobre o que estamos a facer...
Ningún comentario:
Publicar un comentario