mércores, 15 de marzo de 2017

UN RECREO CALQUERA NA NOSA BIBLIO

A verdade que da gusto entrar pola porta da Biblioteca durante o recreo. Hai moitísima actividade!

Empréstitos e devolucións, busca de información, lectura por pracer, xogo no recuncho maker cos Escornabots...
Comprobádeo vos mesmos!

O recuncho sempre está ao completo, con tres alumnopor mesa!

Estaban tan metidos cada un no seu traballo que nin conta da foto se deron!

Os axudantes de biblioteca encárganse de facer os empŕestitos e as devolucións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario