luns, 13 de marzo de 2017

RUTA ESCORNABOT

O pasado martes os alumnos de 4 anos e os de 4º EP tivemos unha xornada moi intensa e emocionante.

Con motivo do proxecto piloto que este ano estamos levando a cabo no centro, realizamos unha conversa co alumnado de Infantil e Primaria do CEIP CANOSA - RUS (Coristanco) no que puidemos compartir inquedanzas e experiencias co EscornabotRapaces e mestres estabamos moi emocionados e non nos defraudou.

Grazas a invitación que nos realizou Diego, coordinador do proxecto no centro de Ceip Canosa Rus, tivemos a oportunidade de organizar esta xuntanza, e agardamos que non sexa a única.

O traballo que realizamos ao longo deste ano todos os centros deste proxecto piloto é incaculable; pero comprobar como cada día os rapaces acuden á biblioteca para xogar con eles e a ilusión que empregan para contarnos cousas sobre eles, é suficiente para continuar con máis ilusión este longo camiño.

Este é o video da xornada. Agardamos que gocedes tanto coma o fixemos nós.

Moitas grazas por compartir esos pequenos momentos con nos, Ceip Canosa Rus!


Ningún comentario:

Publicar un comentario