luns, 27 de marzo de 2017

COMPARTINDO PROXECTO COS NOSOS PADRIÑOS LECTORES (5º E.I. E 4º E.P.)

O pasado xoves tivemos uns agasallos moi especiais. 

As nosas madriñas e padriños lectores estiveron investigando e aprendendo sobre mecanismos de robótica e creárononos uns xoguetes hidráulicos fantásticos para aportarnos axuda no noso proxecto de robots. 

É incrible o agarimo e a dedicación que puxeron na fabricación dos mesmos. 

Quedamos encantados co agasallo, mirade que fabuloso traballo fixeron... 
Sodes xeniais! Graciñas!

1 comentario: