luns, 30 de xaneiro de 2017

DÍA DA PAZ CO ESCORNABOT

Hoxe celebramos na escola o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

Tiñamos previsto facer unha xornada de xogos populares que, por mór da xa desexada choiva, está posposta ata que o tempo mellore. 

Comezamos a xornada falando deste día. Celébrase o día 30 de xaneiro desde 1964, para conmemorar a morte de Gandhi. 

Por grupos, os nenos e nenas de 2º empezamos a traballar cos escornabots en torno a pintura de Pablo Picasso e a súa obra El niño del pichón, unha pintura moi tenra relacionada coa paz.






Ningún comentario:

Publicar un comentario