martes, 31 de xaneiro de 2017

COÑECENDO OS FONDOS DA BIBLIOTECA EN 1º

Os máis pequenos dos maiores foron esta mañana á Biblioteca para aprender a buscar fondos nela. 

Comezamos lembrando as normas xerais da sala, co Xogo do semáforo. Non se lles escapou nin unha!

Logo buscamos todos os tipos de fondos que podemos atopar na Biblioteca; primeiro nunha ficha e logo nos distintos recunchos e andeis. Grazas a esta actividade agora saben onde atopar as revistas, os xogos para o ordenador e os discos de música...



Finalmente, comezamos a manexar as cores e as iconas da CDU, para que eles mesmos sexan quen de atopar libros de consulta das distintas materias. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario