mércores, 25 de xaneiro de 2017

COÑECENDO A CDU EN 2º

Este trimestre arrancamos con forza dende os cursos máis baixos! Temos actividades novas para todos!

Os alumnos de 2º estiveron aprendendo esta mañana o significado das cores, as iconas e os números da nosa CDU (Clasificacuón Decimal Universal). É moi importante que coñezan como e onde están os distintos fondos da biblioteca, pois teñen moitas preguntas ás que eles mesmos poden aprender a dar resposta!

A través de tres xogos diferentes repasamos as normas da Biblioteca, comprendimos para que serve a CDU e fomos quen de atopar nos andeis libros de consulta para dar resposta ás nosas curiosidades.

Primeiro recordamos o que si e o que non se pode facer na Biblioteca con Semáforo das normas.



Logo, en Cada ovella coa súa parella, tiñamos que acertar que icona e que cor correspondía a cada libro (xa que tiñan o lombo tapado) con axuda da CDU. Acertamos case todas!





Para rematar, buscamos nos andeis libros que deran resposta ás nosas curiosidades: Que animais están en perigo de extinción? Onde podo ir de viaxe este verán? Que é a tristura?


Xa estamos listos para comezar os nosos traballos documentais na aula! Que ganas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario