xoves, 22 de decembro de 2016

PRIMEIRAS EXPOSICIÓNS EMOCIONANTES!

Este trimestre tocoulles a 6º, 3º e 2º de Educación Primaria expoñer o seu traballo sobre as emociones.

Comezaron os maiores, o de , pois os nervios son menos traicioneiros con eles. Faláronnos de emociones e a súa expresión física e de estados que nos fan experimentar esas sensacións... pero foron moi orixinais na presentación! 
A exposición foi un programa de televisión chamado Un, dous, tres... emociónate outra vez! que, aos máis maiores, lembrounos a época de Ruperta e as tacañonas... Mirade que xeito!



En segundo lugar, os alumnos de 3º presentáronnos un Sistema Solar moi emocionante. A delicadeza na presentación, o agarimo da realización plástica, a dozura da música... foi todo un traballo



Finalmente, os alumnos de mergulláronnos na historia dunha nena e dun neno que aprenderon a xestionar as súas emocións negativas grazas ao apoio e ao cariño de quenes lles rodean...



Gustounos moito compartir experiencias emocionantes e aproveitamos a ocasión para premiar aos gañadores do Concurso musical Ao son das cabazas.
Noraboa aos premiados, que quedaron encantados cos seus agasallos!

De esquerda a dereita, os gañadores foron: Carlota Liz, Mar Herranz, Nayara Soage e Anxo Montoto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario