venres, 9 de decembro de 2016

CARTAS AOS REIS MAGOS

Padriños e afillados compartiron estes días un momebnto moi especial: escribir a Carta aos Reis Magos.

Como eles son pequenos e aínda non saben escribir, hai que botarlles unha man para que non queden sen agasallos... portáronse todos moi pero que moi ben!

Encántanos esta actividade, pois é enriquecedora para todos. Os maiores preparan o escrito con todo o cariño do mundo (o cal leva moito traballo previo) e os pequenos falan sobre o comportamento do ano e elixen os agasallos que van pedir.

Aquí vos deixamos algunhas das moitas imaxes que capturamos estes días. Todas están cheas de tenrura!


Ningún comentario:

Publicar un comentario