luns, 3 de outubro de 2016

XA PODEMOS IR Á BIBLIO!

Si, si... hoxe abriu as portas cunha inauguración que deixou abraiados a todos. Contámosvos como sucedeu!

O pasado xoves recibimos nas aulas unha carta de Librincios cun estraño paquete... Tiñamos que adiviñar o que era: un xoguete, un foguete espacial, unha peza dun robot...

Librincios convocounos para o día 3 ás 10 da mañá e alí estivemos super puntuais e moi emocionados. Resultou que cada unha das clases recibira unha peza dun robot que montamos entre todos alí mesmo: cabeza, tronco, brazos, pernas, pés, mans... e ata un sombreiro!

Cando estivo montado... comezou falar! Quedamos abraiados! Presentouse como Robotín e explicounos que sabía unha chea de cousas (case todo o que está nos libros), pero que non sabe o que son as emocións, os sentimentos, os valores...

Así que xa temos tarefa para este curso, pois temos que ensinarlle a sentir e a emocionarse. Para tal fin, entergounos un sobre que contiña un puzzle coa portada dun libro co que comezar a traballar... Xa estamos mans á obra!

Aquí vos deixamos un vídeo que resume unha mañana moi emocionante para todos!

BENVIDOS DE NOVO Á BIBLIOTECA!


Ningún comentario:

Publicar un comentario