xoves, 7 de abril de 2016

UNA VOCECITA MOI ESPECIAL


Hoxe, Paula Estévez e a súa mamá, María, animáronse a contarnos un conto na Biblioteca.


Os afortunados esta vez foron os maiores do cole, dende 3º ata 6º pois... os contos non son só para os pequenos.

A obra elixida foi La vocecita, de Michaël Escoffier e Di Giacomo, na Editorial Kókinos.

Nunca sabemos o que nos agarda cando, metidos en faena, esgótase o papel hixiénico e non temos nada a man para limparnos... 

As risas están aseguradas con esta historia, e as contadoras fixérono fenomenal nun escenario con todos os detalles!

Quedamos sen papel no cole...

Que fan uns calzóns colgados da póla?

Paula, como ben marcaba o seu papel, estaba agochada facendo reflexionar ao noso protagonista que... É mellor que o leades vós!

María metida na lectura do conto

SuperPaula en acción!

O público encantado e elas tamén. Gustaron moito e deixáronnos a todos cun pensamento na cabeze pois... hai que escoitar a esa vocecita que ás veces nos fala moi baixiño!

O público, moi atento ao que sicedía na historia.

Paula, Ana e María, unha familia de contistas!

Gracias chicas pola iniciativa e o esforzo!
Sodes xeniais!

Ningún comentario:

Publicar un comentario