venres, 22 de abril de 2016

TRES CONTOS TRES


Hoxe os alumnos/as de Infantil e 1º Ciclo disfrutaron dunha divertida sesión contacontos da man da familia Liz Paz.

Contáronnos tres contos!

Un creado por Carlota que nos fixo sorrir.

De seguido un conto-poema "Hombre de Color" de Jerôme Ruillier, que fai unha crítica das expresións racistas con moita tenrura.

O último resultou ser un conto de tradición familiar que nos fixo rematar a sesión, igual ca eles tres, co bico torto de tanta risa.

PARABÉNS a Elena , Carlota e Xoán polo divertido e tenro rato que nos fixeron pasar!


Ningún comentario:

Publicar un comentario