sábado, 7 de novembro de 2015

CONTACONTOS A CARGO DO CSIC NA SEMANA DA CIENCIA

Alumnos e profes do cole tivemos hoxe a sorte de gozar dunha actividade moi entretida a cargo do CSIC (Consejo Superior de Investigaciones Científicas). 
Trouxeron ao cole a dous personaxes moi simpáticos para contarnos un conto titulado Non quero ser un polbo! O polbo Octavio e o cangrexo Sebastián falaron do importantes que somos todos, aínda que uns diferentes doutros.

Con eles aprendemos a valorar as cualidades de cada un para desempeñar calquera función... mesmo no circo do fondo do mar!
Ademais, coñecimos características dos animais que viven no fondo do mar que nin sequera imaxinabamos... Sabíades que as femias dos polbos poñen entre 500 e 700 ovos e sobreviven só arredor dunha ducia?



Con Luisa e os seus compañeiros entráronos moitas ganas de estudar para converternos en científicos, por iso vos deixamos aquí unha ligazón con diversas actividades deseñadas para a semana da ciencia, que se celebra estes días. Premede na imaxe para acceder a ela:



Ningún comentario:

Publicar un comentario