sábado, 21 de novembro de 2015

APADRIÑAMENTOS NO DÍA DA INFANCIA

Este venres, 20 de novembro, no que se conmemoraba o Día Internacional da Infancia, nós fixemos unha actividade que nos gusta moito a todos: os apadriñamentos lectores.

Aínda que padriños e afillados se ven as caras moitas veces ao longo do curso, unha vez ao trimestre organizamos a actividade de xeito que TODOS participemos dela.

Este ano, os apadriñamentos son os seguintes:
- 6º apadriña a 2º
- 5º apadriña a 5 anos
- 4º apadriña a 4 anos
- 3º apadriña a 3 anos
- Os profes especialistas apadriñan a 1º

Ao longo da mañana, os maiores compartiron cos pequenos ratos moi agradables ao redor dos libros.
Aquí vos deixamos uns vídeos con algúns deses marabillosos momentos :)

Os alumnos de 6º leron contiños aos seus afillados de 2º ao aire libre, aproveitando os raios do sol destes días.


A aula de 5º preparou con moito amor as lecturas para os nenos e nenas de 5 anos. Escolleron a biblioteca para reencontrarse!



En 4º tiñan preparado un teatro de monicreques para os alumnos de 4 anos. Os tres porquiños cobraron vida!



Os nenos e nenas de 3º prepararon un contacontos para os máis pequenos do cole: El monstruo de colores.


Os nenos e nenas de 1º gozaron de tres contacontos, un deles a cargo da profe Elena... que é toda unha artista!




Xa vos iremos contando como evolucionan estas xuntanzas, porque cada vez hai máis!

Ningún comentario:

Publicar un comentario