luns, 15 de decembro de 2014

GRANDES MOMENTOS NOS APADRIÑAMENTOS

Estes días, os padriños e madriñas do cole estiveron moi ocupados.

Chegando estas fechas, todos sabemos que é moi importante escribir aos Reis Magos para contarlles o ben que nos portamos e as cousiñas que imos pedir como agasallos. 

Pois ben, os nenos e nenas máis pequenos do cole contaron coa colaboración dos seus padriños e madriñas para poder realizar esa tarefa.

Os maiores deseñaron a carta con todo o cariño para sorprender aos seus afillados e escribiron ás súas Maxestades con eles.

Esta é unha actividade que gusta a todos e nos deixa cada ano momentos cheos de maxia, de ilusión e de tenrura

Botádelle un vestazo ao vídeo que fixemos coas fotos desta actividade entre o alumnado de 4º e o de 4 anos. Premede na imaxe para velo.





Ningún comentario:

Publicar un comentario