venres, 7 de novembro de 2014

FORMACIÓN USUARIOS CON 1º


Os alumnos/as de 1º asistiron á primeira sesión de "Formación de Usuarios" deste curso, da mán dunha pequena e simpática bibliotecaria e os seus tres buho-axudantes, os protagonistas do precioso conto que lles contou a profe Irene "La biblioteca nocturna".


Cos seus semáforos, que fixeron na sesión de lectura, os nenos/as, lembraron as cousas que se deben facer para un bo uso da biblioteca, onde estan os libros que lles poden interesar, as revistas, as películas e... sobre todo, a importancia de coidar moito os libros porque son para disfrute de todos.

Terminou a sesión cun percorrido por todos os recunchos deste espazo cheo de maxia do noso cole.
 Unha sesión que pasou voando do entretida que foi!

Ningún comentario:

Publicar un comentario