luns, 6 de outubro de 2014

REINAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Hoxe abrimos as portas e, para facelo, tivemos unha cita con todos os cursos na que recibiron a caixa da Aventura de ler.

Comezamos cos maiores, os de 6º, que recibiron a súa caixa de mans de Irene, a coordinadora da nosa biblio. Eles entregaron a caixa aos alumnos de 5º; os de 5º aos de 4º... e así ata entregar a caixa aos máis pequenos.

Queredes saber que conteñen as caixas?
Están cheas de lecturas que consideramos imprescindibles para os nosos alumnos; lecturas que emocionan, provocan reflexións, fan pasar un bo rato ou invitan a soñar; lecturas que non pasan desapercibidas.

Cada curso preparou a entrega con moito agarimo. Houbo vídeos, mímica, xogos... Premeda na imaxe se quereder ver o vídeo que montamos cos momentos vividos neste día tan especial!

 A aventura de ler


Ningún comentario:

Publicar un comentario