luns, 13 de outubro de 2014

RECUNCHO PARA OS GRANDES DA CASA

Ola a todos!
Temos unha novidade na biblio!

Xa está listo o Recuncho para pais, no que os adultos da familia teñen fondos para a consulta e o empréstito.

Papás e mamás, avós e avoas, tíos e tías: levar un libro de lectura para casa é tan doado como cubrir uns datos no libro de autoempréstito que hai enriba da mesiña. 

Podedes tamén recomendar lecturas, deixar fragmentos dun libro que é especial para vós, suxerir adquisicións...

Animádevos a vir e a ler!

Novo recuncho con fondos para os adultos


Ningún comentario:

Publicar un comentario