martes, 21 de outubro de 2014

LECTURAS AO SOL

Antes de que viñese o frío e o mal tempo aproveitamos para facer as últimas lecturas ao sol cos nosos afillados.
Nesta ocasión, inventamos nós as historias. Contos cheos de sentimentos e sensacións onde os protagonistas eran as verduras da nosa horta. 
Lemos, cantamos e xogamos ata que veunos a risa xogando cos monicreques de verduras que fixemos.
Dende logo esta actividade é máxica!


Ningún comentario:

Publicar un comentario