xoves, 30 de outubro de 2014

APADRIÑAMENTOS LECTORES

Os alumnos de 3º xa teñen afillados lectores. Son os nenos e nenas de Infantil 3 anos!

Deixámosvos unha mostra dun mini libro que lles  fixeron e unha fotiño de padriños e afillados, encantados de coñecerse e de compartir esta nova aventura.

Benvidos á aventura de ler!

Ningún comentario:

Publicar un comentario