martes, 3 de xuño de 2014

UNHA SAIDA DE CINE

   O xoves 29 de maio repetimos, despois da boa experiencia do curso pasado, a saída ao cine Imperial , todos os alumn@s do Centro.

    Este ano a película que vimos foi " Frozen, el reino del hielo " onde descubriunos a viaxe de Anna, Kristoff, o boneco de neve Olaf e o reno Sven por salvar o seu reino dun inverno eterno.
   
   Aínda co tempo non nos acompañou e tivemos que facer as merendas a correr no parque , pasámolo de cine !

   Moitas grazas a ANPA por colaborar coas entradas para esta saída que tanto nos gusta e que esperamos repetir.
                                                    Clica na imaxe

Ningún comentario:

Publicar un comentario