mércores, 22 de xaneiro de 2014

VISITA Á BIBLIOTECA ESCOLAR

Esta vez, tocoulle aos nenos e nenas de 2º!

Foron guiados polos distintos recunchos da Biblioteca escolar polo alumnado de 6ºB, que preparou a visita con moito cariño.

Aínda que eles xa van soíños no recreo, hai que lembrarlles algunhas das normas de uso, dos empréstitos, do uso dos postos de ordenador...

Escoitaron atentamente e preguntaron algunhas cousiñas.

Aquí vos deixamos as fotos, para que vexades que aquí aprendemos os uns dos outros :)

Ningún comentario:

Publicar un comentario