luns, 27 de xaneiro de 2014

CONTACONTOS A CARGO DE CARLOTA, DE 4 ANOS

Despois de aisistir ao contacontos preparado por Nara e Claudia, Carlota tivo unha xenial idea:  

Quería contar un conto na Biblioteca!

Púxose mans a obra esa mesma tarde e, á mañá seguinte, chegou ao cole cunha preciosa historia titulada "El mundo de Oz" e... debuxada por ela mesma!

Preparou a lectura do conto durante a fin de semana cos seus pais e, o luns, contouna para Educación Infantil e 1º de Primaria.

Gustounos moitísmo a todos! Aquí tedes o vídeo!


Contacontos a cargo de Carlota

Ningún comentario:

Publicar un comentario