martes, 17 de decembro de 2013

MÁIS FORMACIÓN DE USUARIOS

O alumnado de 6º de primaria continúa a facer a súa labor dentro do programa de formación de usuarios da nosa Biblioteca escolar.

Esta vez foron os nenos e nenas de 4 anos os que pasaron polos diferentes recunchos da sala principal, onde lles explicaron as normas que deben respectar, os fondos que neles poden atopar, como deben facer os empréstitos e as devolucións...

Ao finalizar a visita recibiron unha nova bolsiña para meter os fondos que levan a casa cada semana emprestados da Biblioteca. Gustoulles moito a cor!

Moitas gracias aos alumnos de 6ºA por botarlle tantas ganas e facelo tan ben! 

Aquí vos deixamos unha pequena sesión de fotos para que vexades a visita.

Ningún comentario:

Publicar un comentario