martes, 5 de novembro de 2013

VISITA GUIADA Á BIBLIOTECA ESCOLAR

    Continuando co programa de formación de usuarios, os alumnos e alumnas de prepararon unha visita guiada á nosa biblioteca.
     Na primeira sesión, fixeron de guías turísticos dos nenos e nenas de 5 anos polos distintos recunchos da sala, explicando as normas de funcionamento, os recursos que neles se atopan, as actividades que se desenvolven...
    Aínda que ao principio estaban algo nerviosos, deselvolvéronse perfectamente no papel de oradores e os máis pequenos quedaron encantados.
   Para rematar a actividade, agasallaron a cada un dos participantes cunha mochila para levar nela os empréstitos da biblioteca (recibidas dende o programa Libros que veñen e van, da Asesoría de Bibliotecas escolares).
   Aquí deixámosvos algunhas das imaxes que resumen tan bonita actividade.
                               

Ningún comentario:

Publicar un comentario