mércores, 30 de outubro de 2013

QUE BRUXAS MAIS BRUXAS

    Hoxe os alumn@s de Infantil e 1º Ciclo asistiron a unha nova sesión de contacontos levada a cabo por dúas bruxas, Elena e Salomé, que contaron o conto doutra bruxa á que lle gustaban moito as hortalizas, especialmente as cabazas.

   As nosas bruxas cantaron, bailaron  e fixéronnos berrar, pero non de medo  porque a verdade é que un pouco bruxas son, pero moi agarimosas.

   Se queredes volver a escoitar como cantan e aprender a canción, premer no apartado de música e buscade a imaxe "A cociñar".
             

Ningún comentario:

Publicar un comentario