luns, 30 de setembro de 2013

LIBRINCIOS ABRE PORTAS !

   Hoxe abrimos as portas da nosa biblioteca coa actividade do intercambio das caixas cos libros do "ITINERARIO LECTOR".
  Cada curso presentou os libros que leron o curso pasado, axudándose de adiviñas ou con mímica e visionando videos de traballos realizados para finalmente facer a entrega e a recollida dunha nova aventura de ler.


   Aproveitamos esta entrada para dicirvos tamén que xa estan a vosa disposición para gravar ou visionar nas vosas casas os DVDs coas gravacións das festas, conmemoracións ou exposicións que tiveron lugar o curso pasado.


                 QUE DISFRUTEDES TOD@S MOITO DESTA NOVA AVENTURA !

Ningún comentario:

Publicar un comentario