.jpg)
O Día Internacional do Libro é unha conmemoración celebrada
a nivel internacional co obxectivo de fomentar: a lectura, a industria
editorial, e a protección da propiedade intelectual por medio dos dereitos de
autor.
A nivel
internacional é promulgado pola UNESCO celebrándose cada 23 de abril desde 1996
en moitos países.
A elección do día
23 de abril como día do libro e de
dereito de autor, procede da coincidencia do falecemento dos escritores Miguel
de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega arredor desa data no ano 1616.
Para celebrar esta data organizamos no patio recunchos de teatro, contacontos, lectura compartida, poesía, obradoiro de contos, contocantado ... por onde os nen@s de todo o centro foron pasando en grupos.
A espera de engadir as imaxes desta actividade, engadimos o curtometraxe de animación gañador do Oscar o ano pasado " The fantastic flying books of Mr Morris Lessmore" que é unha tenra e intelixente forma de amosar o tesouro que é un libro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario