mércores, 24 de abril de 2013

CONTACONTOS

   Hoxe na biblioteca  os nen@s de 5 anos e de 1º tiveron dobre oferta. 
   Nunha sesión a profe Auri, contoulles dous contos que fixeron que se      transformara nunha morea de personaxes .

  
   Escrito por Paula Carballeira con ilustracións a cargo de Branca Barrio.  Trata sobre unha viaxe cara a unha ilusión, que logo parece deshincharse, como botamos de menos cando estamos lonxe, pero tamén como podemos, na distancia, sentirnos a gusto.



    Conto ilustrado moi divertido e orixinal xa que en moi poucas ocasións poderemos atopar unha mosca como protagonista dun conto. Trátase dunha adaptación de Eva Mejuto dun conto popular ruso cunhas estupendas ilustracións de Sergio Mora.
   É a historia dunha "mosca chosca" que decidiu construír unha casa, farta de andar dun sitio para outro.

             
                        Disfrutade cos contos e do bo facer da profe Auri !


Ningún comentario:

Publicar un comentario