venres, 22 de febreiro de 2013

Contacontos "Artur e Clementina"


  O pasado mércores disfrutamos dunha sesión de contacontos de Mara nai de Xiana da aula de 5 anos.

  O libro que escolleu é dos que nunca deben desaparecer dos andeis porque seguen sendo necesarios. Necesario falar de igualdade, de muller que non se somete, de liberdade, de crer nunha mesma...
  Un libro que denuncia a discriminación e os estereotipos que ainda existen.

  Como Mar xa é veterana nestas lides deixounos encantados coa seu xeito de relatar e coas imaxes do conto, como comprobaredes no video.

  Agardando cos demais pais e nais imiten a Mar, nos xa estamos desexando que volva outra vez.

Ningún comentario:

Publicar un comentario