xoves, 28 de abril de 2011

Gonzando dos libros e da Primavera

  Con motivo do Día do libro, que se celebrou o pasado 23 de abril, estamos a facer durante esta semana unha actividade de animación á lectura na que participa todo o Centro.

  Cada día, na Hora de ler (que facemos despois do recreo), baixamos ao patio do cole para compartir un rato de lectura en voz alta.

  Nas clases de Educación Infanlil, son alumnos de 6º os encargados de contar as historias, elixidas polas profes do fondo de literatura recreativa da Biblioteca. Canto lles gusta escoitar as aventuras e desventuras dos personaxes dos contos!

Martín, gran narrador, lendo un conto aos alumnos de 5 anos
Os nenos de 4 anos escoitaron moi atentos a Estela

Aroa foi a encargada de ler para os alumnos de 3 anos

  Como os alumnos de 1º e 2º xa len moi ben, fixeron quendas para ler eles mesmos un conto en voz alta. Elixiron un lugar do patio cunha boa sombre para poder sentar todos en círculo e... a gozar da historia!

Momento en que Gonzalo leu para todos os seus compañeiros
  O segundo ciclo disfrutou da lectura tamén baixo a sombra dunha árbore. Estaban tan ben alí que cando chegou a hora de voltar a clase... querían seguir lendo!

Todos escoitaron moi atentos a Aitor

  Os maiores do cole, 5º e 6º, sentaron na entrada principal, pois poucas sombras quedaron libres. Ao longo da semana remataron o libro que elixiron entre todos!

Momento no que Nerea relata en voz alta un dos capítulos do libro

  Se queredes seguir gozando con actividades sobre o Día do Libro, deixamos aqui algunhas ligazóns interesentes:




BOA LECTURA !

Ningún comentario:

Publicar un comentario