venres, 8 de abril de 2011

Caracois e os Contos do Camiño en TVG2

  OQO editora, en colaboración coa TVG, vai emitir dúas series infantís de animación audiovisual, feitas en Galicia e en galego: Caracois e Os contos do Camiño. Ambas están baseadas en exitosos álbums ilustrados de OQO (ambolos dous de 2005, ano en que botou andar a editorial galega).

  Deste xeito, os rapaces terán a oportunidade de volver gozar das historias de contos tan coñecidos por eles como A bruxa regañadentes; Corre corre, cabaciña; Chocolata; Ollobrusco; Rato Tom e Rata Tomasa; A incríbel historia da nenapaxaro e o galopín...

  Mais, desta vez, os personaxes cobrarán vida en formato audiovisual e as súas aventuras ―tantas veces lidas e relidas por milleiros de cativos grazas ao fondo das nosas bibliotecas― poderán seguilas  proximamente na canle TVG2.

  Nas dúas series, OQO filmes ―sección audiovisual de OQO editora― adaptou os álbums ilustrados da editorial ao formato audiovisual, a través da técnica de animación en stop-motion. E, ao igual que cos libros, a filosofía de ambas remite a unha aposta por un entretemento para os cativos de calidade e en galego: boas historias que merecen ser contadas, sexa en libro ou en filmes.


  Aqui tedes os carteis das primeiras historias en chagar á pequena pantalla:

Para nenos de entre 3 e 7 anos
Para nenos de entre 2 e 4 anos

Podedes atopar máis infrmación na seguinte ligazón:

Ningún comentario:

Publicar un comentario